Plataforma de tres chanzos a onde soben os gañadores dunha proba deportiva
Etimoloxía
Palabra que bebe da latina podium ‘varanda dos anfiteatros’ que viña do grego pódion ‘pé pequeno’.
Exemplos *
“Este Corredor (...) pensa namentres se adestra, para ver de coller máis folgos, nos atletas da televisión: nos campións que gañan as medallas nos Xogos Olímpicos e que soben ó podio cos ollos ateigados de bágoas porque se acordan dos que xa non están.” (Ramón Loureiro: O corazón portugués)
“E temo que teña moito que ver co pecado perfeccionista _ aínda que cativos, os números arrédanme do podio e da coroa de loureiro.” (Xabier López López: Os libros prestados / Os libros prestados, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.