poema

Composición literaria en verso

Etimoloxía

Palabra que procede da latina poema ‘composición poética’, que bebe na grega poiema que significaba ‘o que se fai’.

Exemplos *

“[E ti / pintabas, pintabas. Roubáchesme tres poemas, pintáchelos, / e vinos nun xornal: ¡tírasme ó mundo!, ¿e agora que? / Pintas e pintas e pintas.” (Xela Arias: Poesía reunida (1982-2004), 2018)

“Hoxe volvín a le-los meus poemas,/ aqueles que escribín / pra ti naquel entón...” (Xosé Luís Franco Grande: Entre o si e o non, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.