poesía

Xénero literario que expresa ou suxire algo por medio do ritmo (sobre todo o verso), a harmonía e a imaxe.

Etimoloxía

Recibímola a través do latín, se ben procede da denominación que tiña en grego a obra poética, poiesis, -eos.

Exemplos *

"… a modernidade puxo en cuestión o canon literario, especialmente na poesía, polo que cumprir as regras dun soneto, hoxe en día, pode ser tan moderno ou máis que a experimentación máis rupturista." (César Lorenzo Gil: A Nosa Terra 18-11-2010)

"… a poesía proxéctase no tempo e, como dicía Baudelaire, o gran poeta revolucionario da poesía moderna, "a poesía outorga ás cousas a verdade escintilante da súa enerxía nativa"." (Miguel Anxo Fernán Vello: Galicia Hoxe 29-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.