poeta

Persoa que escribe poesía

Etimoloxía

Palabra que herdamos do latín poeta onde significaba ‘artista’ ou ‘poeta’, e que remite ao grego poietés ‘autor’ ou ‘compositor de versos’.

Exemplos *

“Un poema sobre unha relíquia arqueológica non é unha explicación científica. O poeta selecciona os elementos da realidade para criar a súa poesia.” (Ricardo Carballo Calero: Aos amores serodios [1979] en Narrativa completa, 1984)

“Rosalía, como todo poeta xenial, é un tema que endexamáis se esgota. Pero os galegos de hoxe estamos, alén disto, moi lonxe de lle ter consagrado toda a atención que merez, de ter estudado debidamente a súa obra dentro dos límites impostos polo carácter do noso tempo.” (Ricardo Carballo Calero: Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía [Discurso de ingreso na RAG], 1958)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.