poético, -a

Relativo ou pertencente á poesía / Que ten poesía

Etimoloxía

Palabra que vén da grega poietikós ‘propio da poesía’ , pero que entra no idioma desde o latín poeticus, -a, -um.

Exemplos *

“Pónsecheme poética / e di que vence as pegadas. / Patética poética de sombra.” (Xela Arias: Intempériome, 2003)

“Dime ti, oh Poética,/ que me ocupas como un don desde hai máis de vinte anos/  e pervives allea ao tempo e aos seus vidros /  abríndome horizontes afastados como néboas marítimas / sen teres nome nen divisa / quen entre os que tanxe o laúde melancólico do verso.” (Manuel Forcadela: O varredor en outono, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.