póinter

Can de caza de orixe inglesa que se caracteriza por ter a cabeza alongada, o corpo ben proporcionado e o pelo curto de cor branca con pintas negras ou marróns

Etimoloxía

Adaptación do inglés pointer que se usa para designar a esta raza de cans.

Exemplos *

“(...) viñera á miña casa da Trave por motivo dun can de caza, un fermoso pointer, ao que se lle puxera un vulto no ventre que, segundo o seu dono, semellaba o mal de aldrope (...)” (Miguel A. Mato Fondo: Xope de Lilaina, 2005)

“Contoume meu avó, sen saber que estaba describindo o estándar do pointer inglés, que tiña o fociño levemente plano e o labio mole; ollos vivos pero non descarados; orellas altas e apegadas á cabeza (...)” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde/ A ama de cría dos Punset, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.