Galiña nova
Etimoloxía
Palabra que bebe da latina pullum de significado semellante.
Exemplos *
“Á porta do fiadeiro, / mozos, non veñais rondar / que hai unhas poliñas novas,/ mozos deixainas criar.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)
“Isca de aí, galiña maldita; / isca de aí, non máte-la pita; / isca de aí, galiña traidora, / isca de aí, non máte-la pola.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. Vol. I, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


