polbeiro, -a

Persoa que cociña e vende polbos

Etimoloxía

Palabra creada sobre “polbo” que vén do equivalente latino popylus que bebe do grego polypous.

Exemplos *

“Os postos, os charlatáns, as casetas do polbo, as polbeiras co seu lume sagrado e os seus recipientes non menos evocadores dos aparellos eclesiais.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra / O paisano, 2010)

“...convértese nun balbordo de luz, de cor, de recendo a empanadas, a carne ó caldeiro..., pero sobre todo, de recendo a polbo ; que preparado nas caldeiras de cobre polas expertas polbeiras e polbeiros de Arcos, resulta un reclamo máxico capaz de atraer milleiros de persoas de tódalas idades e condición.” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendarios e puntos de interese turístico, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.