Danza a dous tempos e con ritmo rápido, de orixe polaca / Música desta danza
Etimoloxía
Termo que puido chegar desde o francés polka, que o tomou do checo polka 'polaca'.
Exemplos *
“Daquela que era novo e libre, bailaba coma un argadelo aqueles pasodobres, as polcas e as mazurcas nas festas da comarca. E cando había gaiteirada ou festa de pandeiro daba voltas igual ca un tarabelo .” (Hixinio Puentes: O bandido Casanovas, 2000)
“...música, ritmos e melodías doutras rexións sobre todo de ultramar : tangos, rumbas, cumbias, habaneras ..., e tamén dos países do centro de Europa, como valse, polcas, mazurcas... A estes bailes chamábaselles o «amarradiño».” (Ana Sánchez Brunete e Enrique Montero Torreiro: Os instrumentos da música popular, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.