Po moi fino, frecuentemente de cor amarela, que está contido nas anteras das plantas e que é o seu axente masculino de fecundación.
Etimoloxía
Este termo procede do latín pollen ou pollis, -inis, que significaba 'fariña fina'.
Exemplos *
"O papel fecundante do pole era xa coñecido antigamente polos asirios e fenicios." (Varios autores: A ciencia do pole en Galicia. Metodoloxía e aplicacións)
"Necesitaba o leite da loba pero tamén auga do resío recollida no cáliz das calas, zume de madreselva e papas de mel espesada co pole das flores." (Manuel Janeiro: A fada das lapas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.