poleiro

Parte máis elevada dun cine, teatro etc., onde se atopan as localidades máis baratas

Etimoloxía

Vocábulo derivado tomando como base ‘polo’ (ave) que vén do latín pullu(m) de significado semellante.

Exemplos *

“E desde aquí a política semella cousa de parolar por matar as horas, sen existencia de seu, unha peza de teatro vista desde o poleiro con prismáticos.” (Xavier Paz: Follas de bacallau, 2005)

“Os da orquestra e coro mirábanse abraiados. O barullo ía a máis e a xente ollaba cara ó poleiro. O escenario quedou de seguida baleiro.” (Luís Manuel García Mañá: O lume de santo Antón, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.