polifonía

Combinación, nunha mesma composición musical, de varias voces ou varios instrumentos que executan melodías distintas pero harmónicas

Etimoloxía

Palabra de orixe grega, polyphonía que ‘ten varios tons’.

Exemplos *

“En liñas xerais a evolución musical iniciase no tránsito do século XV ao XVI cunha polifonía moi avanzada, interpretada por un conxunto polifónico ou capela de música estable.” (Ofelia Rey Castelao: A Galicia clásica e barroca, 1998)

“A Polifónica tiña e ten un repertorio principal da polifonía do Século de Ouro, e contaba cunhas cordas de sopranos sobresaíntes.” (Agustín Rodríguez Caamaño: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) / A loita polo rescate da cultura galega en Pontevedra, 2012).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí