políglota

Que fala varias linguas

Etimoloxía

Creación moderna desde o latín polyglottus e este do grego polýglottos.

Exemplos *

“-Ven aquí, políglota. O mestre da nova clase era un señor fraquiño de voz poderosa que me agarrou dunha orella, sen magoarme, e foime levando cara a unha das primeiras mesas.” (Xavier Alcalá: A nosa cinza, 1980)

“Mais el comportábase como se Borrow, o incansábel viaxeiro, o políglota, o mozo que era quen de percorrer cento vinte millas a pé nun día co único sustento dunha pinta de cervexa e dúas mazás, viñera a ocuparse de novo del.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.