Superficie plana limitada por segmentos de recta chamados lados, cun mínimo de tres / Superficie de terreo delimitada con algunha finalidade
Etimoloxía
Termo matemático recollido do equivalente grego polýgōnos.
Exemplos *
“O pensamento de Platón era o dun xeómetra: un triángulo, calquera que sexa o valor dos seus ángulos, sempre terá a forma dun triángulo e, dese xeito, é diferente totalmente dun cadrado ou calquera outro polígono.” (Emilio Valadé del Río: Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico, 1999)
“Deitáranme xunto á nave dun polígono industrial chea de botellas e de bolsas con restos de comida rápida que pingaban do garaxe. Fozaban nos despoxos ratas e gaivotas. Conseguín poñerme en pé.” (Xabier Cordal: Relatos para a televisión, 2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.