político -a

Que se dedica aos asuntos de goberno ou se interesa por eles.

Etimoloxía

Chegou a través do latín, pero procede do grego politikos ‘relativo ao goberno ou ao Estado’.

Exemplos *

“Non pode predicárselles ós pobos que son libres e soberanos, e quitarlles todos os seus freos -os reis e a fe- e logo querer que sexan manexados indefinidamente polos políticos e masóns que urdiron tales cousas.” (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto)

“Guillotin (Joseph-Ignace), médico e político francés, profesor de anatomía da facultade de Medicina de París e deputado xeral por esta cidade nos Estados Xerais de 1789, defendeu o principio do suplicio igual para tódalas clases sociais…” (Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido: Copenhague. Comedia evidencialista)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.