polo

Tipo de xeado cun pau que sobresae pola parte inferior, por onde se colle para tomalo

Etimoloxía

A orixe do termo é unha marca rexistrada coa que se comercializaba este tipo de xeado.

Exemplos *

“Papá tróuxonos uns polos de limón e comémolos sentadas nas rochas. Desde alí ollamos os choutos dos caldeiróns cara ás Sisargas, unha manda. Papá botara a andar pola beira e vímolo perderse no areal inmenso, en dirección a Baldaio.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte, 2008)

“Non a vou torturar a ler (...), porque ela xa non me coñeceu sendo escritora e non ousará pedirme que escriba como fas ti. Podereillo contar tranquilamente, unha tarde na praia, mentres tomamos un polo de limón falando de todo un pouco.” (Inma López Silva: Aqueles días en que eramos malas, 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.