polución

Acción e resultado de contaminar o medio, a atmosfera, por efecto dos gases ou dos residuos industriais e domésticos

Etimoloxía

Termo que procede do latino pollutionem ‘mancha’.

Exemplos *

“Un mozo protéxese contra a polución ambiental na cidade de Beijing.” (Xulio Ríos: Tempos Novos, nº 27, 1-2016)

“A respecto desta soberanía enerxética falouse na plenaria do domingo, abordando o labor das industrias extractivas como a Vale, explotadora do carbón en Mozambique que altera a vida das persoas expropiando os seus terreos e facéndoas vivir na polución.” (Lara Rozados: Sermos Galiza, 22-6-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.