Doce de textura fariñenta, feito con fariña, manteiga e azucre, que se desfai facilmente e se converte en po, ao metelo na boca
Etimoloxía
Vocábulo derivado de “pólvora” que, á súa vez, lévanos ao latín pulvis ‘po’.
Exemplos *
“Don Feliciano tiña a cor amarela dos papeis vellos, coma se fose a faciana dun morto. Quixo falar e non poido. Apegábanselle as verbas ó ceo da boca coma cando lambetaba nos polvoróns.” (Manuel Lueiro Rey: O sol na crista do galo, 1982)
“Había que preparar unha cea especial para Noiteboa, case sempre consistente en bacallau con cachelos e refrito, un capón asado na pota e sobremesa de doces típicos da data: turróns de Alacante e de Xixona, polvoróns, figos e uvas pasas.” (María Xosé Lamas: A Voz de Vilalba, nº 32, 1-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


