Ave doméstica da familia dos colúmbidos, de tamaño medio e diversas cores, que ten as ás curtas, os dedos libres e unha especie de vulto que arrodea a base do peteiro, onde se asentan as fosas nasais, e da cal existen moitas variedades
Etimoloxía
A designación procede da latina *palumba, forma feminina do clásico palumbus ‘pombo bravo’.
Exemplos *
“No niño novo do vento / hai unha pomba dourada, / meu amigo! / Quen poidera namorala!” (Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama riveira, edicións Monterrey, 1957)
“O zunido do timbre rachou furioso o aire e as pombas estremeceron co seu voo as follas das árbores.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Un ingreso con bigotes, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


