Ave da familia dos colúmbidos, de cor gris cinsenta, coas patas e o peito granates, pintas brancas nas ás e no pescozo e no extremo do rabo unha ancha banda negra
Etimoloxía
Nome que bebe do latín palumbum de significado semellante.
Exemplos *
“O que lle gusta é saltar os valados dun chimpo, correndo tras de Sol, que se mete entre as uces para levantar os bandos e logo, contra a noite, agarda adormecido na frouma a que veñan os pombos aos piñeirais.” (José Sixto: De Luns a Venres, 20-10-2010)
“A nosa terra anda chea de pombais nos pazos —un dos seus símbolos: «pombal, capela, ciprés, pazo é»—, nas reitorías e nas casas de indianos. En chegando a primavera, os pombos servían de prato de señorial distinción.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.