Froito da árbore do pomelo
Etimoloxía
Préstamo do inglés pomelo que bebe do neerlandés pompelmous que significaba ‘limón inflado’.
Exemplos *
“Este tipo de mesturas diferéncianse de tódalas demais porque se utiliza a cortiza do seu propio froito (ananás, pomelo, coco, melón, etc. ) como recipiente despois de lle baldeira-la polpa.” (Antonio Novo Salgado: A barra por dentro. Manual completo do barman, 1988)
“Tirouse de bruzos no chan: sentiu que a tristura podía ser un can con dentes de arame que rabuña as entrañas ata deixalas sen líquido, sen zume de pomelo, sen doces caramelos de laranxa, só rabos de cartón envolto en mercurio, só un acio de uvas brancas prematuras, augustas, amargas como a vida.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.