pompas fúnebres

Cerimonias relativas ao enterro dun defunto

Etimoloxía

Expresión formada por “pompas” que remite ao latín pompa ‘séquito’ e “fúnebre” que chega tamén do latín funebris ‘de funeral’.

Exemplos *

“Amantia oía nas mansas noites, sen lúa e sen pena, os estertores apagados do imperio romano que morría de seu, sen pompas fúnebres.” (Mª Xosé Queizán: Amantia, 1984)

“A municipalización dos servizos de pompas fúnebres supón o monopolio deste traballo en favor duns poucos empresarios instalados nas cidades.” (Autores Varios: A Nosa Terra, nº 588, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.