ponche

Bebida que se fai mesturando licor con auga, azucre, leite, ovos etc.

Etimoloxía

Adaptación do termo inglés punch que bebía da palabra da India panch ‘cinco’ en alusión aos ingredientes da bebida.

Exemplos *

“Así que alí o estaba el, ben embrulladiño en varias capas de cobertores, sentado comodamente no seu sofá e cun ponche caseiro quente de brandy, ovo e azucre entre as mans.” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos / (Con)secuencia, 2008)

“Na convalecencia dunha enfermidade, por poñer un caso. Para esta ocasión recorríase a outros preparados de maior enxunlla, ou tidos por tales, como os ponches ou os viños quinados, para mencionar os principais.” (Xavier Castro: O Correo Galego, 24-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.