Construción que se fai sobre os ríos, foxos etc., para unir os dous lados e poder así atravesalos
Etimoloxía
Voz que procede da latina pons, pontis de significado semellante.
Exemplos *
“Farruco foi ó muíño / e caeu da ponte embaixo / collédelle as zocas nenas /que van polo río abaixo.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. I. Oficios e labores, 1984)
“As varandiñas da ponte / menéanse cando paso; / a ti soliña te quero, / das demais non fago caso.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


