pontella

Ponte pequena e estreita, de madeira ou pedra e de construción simple

Etimoloxía

Palabra deriva por sufixación que toma como base “ponte” que procede do equivalente latino pontem.

Exemplos *

“Cruzaron o río pola mesma pontella de madeira que usaran tres días antes para entraren en Santiago e, a pesar da présa que levaban, detivéronse un anaco para contemplar á luz do luar a fortificación a medio construír.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

“Voltamos por Sisalde cruzando pontellas sobre o río, vimos dúas ou tres londras aboiando a contracorrente e atravesamos a selva chea de pequenas lagoas e fentos, sorteando silveirais alongados como cóbregas e estrugas que o abranguen todo.” (Antón Castro: Vida e morte das baleas, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.