porco, -a

Mamífero doméstico da familia dos súidos, omnívoro, de corpo groso, pel dura e cuberta de sedas fortes, fociño longo e móbil, orellas caídas e patas e rabo curtos

Etimoloxía

Palabra derivada directamente del equivalente latino porcus.

Exemplos *

“Xirei o tarabelo de portiña e saíron os porcos ao patio. A que se armou...! Os nenos berraban cheos de pánico e as monxas corrían atoladas intentando metelos dentro do cortello.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Sor Julita e os porcos, 2014)

“(...) co tempo serán tamén domesticados os porcos e, moito máis adiante, os asnos, cabalos (...). A agricultura e a cría de gando non só aseguraron unha alimentación máis abundante nun terreo menos extenso senón que posibilitaron unha maior seguridade e regularidade na alimentación.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí