porco bravo

Mamífero salvaxe da familia dos súidos moi semellante ao porco doméstico, de pelame mesto e forte, cor escura, gris ou negra, e os canteiros superiores moi desenvolvidos e aguzados nos machos

Etimoloxía

Locución formada polo substantivo “porco” que vén do latín porcus; e o adxectivo “bravo” que quizais procedo destoutro latino barbărus 'bárbaro', 'fero, salvaxe'.

Exemplos *

“Miña nai botoume fóra / por enriba dun tellado:/ vaite, miña filla, vaite / vai tornar un porco bravo.” (José Pérez Ballesteros: Cancionero Popular Gallego [Reprod. facsimilar da 1ª edición], 1979)

“Vaite de aí, vaite, vaite / cara de corno candil, / fuciño de porco bravo, / barriga de tamboril.” (José Augusto Ventín Durán: Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral [Ed. Xesús Ferro], 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.