pornografía

Representación obscena daquilo que ten que ver co sexo, en revistas, cine etc.

Etimoloxía

Termo que nos levan ao francés pornographie 'tratado sobre a prostitución', 'debuxo ou publicación obsceno'.

Exemplos *

“E a pornografía ao servizo da industria dos vídeoxogos, coa que se "educan" tantas crianzas, non ten relación ningunha coa liberdade.” (Luz Darriba: Sermos Galiza, 2019)

“O discurso pornográfico é unha manifestación do poder masculino e promove a violencia sexual. A frase emblemática desta idea é: "A pornografía é a teoría e a violación é a práctica".” (Chis Oliveira e Amada Traba: Ám@me. Pensar o amor no século XXI, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.