poro

Pequeno orificio existente na pel dos animais e na superficie dos vexetais.

Etimoloxía

Vén da forma latina porus, -i 'canle', tomado do grego pórus, -ou, que designaba un paso ou vía de comunicación.

Exemplos *

"… falaba e ría sen parar, coma se a vida lle desbordase polos poros, coma se lle sobrase." (Uxía Casal: Vidas exemplares)

"… de xeito que cada poro da pel e cada molécula do corpo humano se estremecían co que a observación do mapa reportaba." (María Teresa Otero Sande: Relatos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.