porta

Peza que cerra unha abertura [feita nunha parede, moble, cerca etc., para permitir o acceso], especificamente a parte de abaixo naquelas que teñen dúas follas.

Etimoloxía

Tomouse da palabra idéntica do latín, aínda que porta, -ae denominaba en principio a porta da cidade e non a da casa.

Exemplos *

"Ao pouco, unha rapaza que levaba lentes de sol e un pano que lle envolvía o cabelo entrou en escena tras abrir a porta do cuarto." (Ricardo Mora: Prosas inmaculadas)

"Empurro devagar a porta arrimada e sen solución de continuidade xa me vexo nunha modesta sala de espera." (Xabier López López: Os libros prestados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.