portada

Páxina dun libro, revista ou periódico na que van indicados certos datos, como o título, o nome do autor, o lugar e a data da edición etc.

Etimoloxía

Palabra que está relacionada co termo “porta” que vén do latín porta de significado semellante.

Exemplos *

“Sacar o libro en cuestión, mostrar a portada e o seu título, ían a desencadear unha serie de xuízos de valor (moitas veces escasamente informados) sobre o que lía e sobre o que ela mesma era como persoa intelectual.” (Raquel C. Pico: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 9-2016)

“Como lle sucedera outras veces con mulleres que apareceran na súa vida de maneira imprevista, sentiuse atrapado non só polas incertezas que atesouraban as súas primeiras palabras senón polo rostro sereno da dama retratada na portada da novela.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.