portavultos

Parte dun vehículo destinada a levar a equipaxe.

Etimoloxía

Termo que se forma co elemento porta– e o substantivo en plural vultos que, á súa vez, vén do latín vultus, –us que, curiosamente, significaba 'cara, imaxe ou aspecto das cousas'.

Exemplos *

"O pai sentou no portavultos e cedeulle ó rapaz o asento da bicicleta." (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda)

"Colleu unha longa correa que xa utilizara máis veces para o portavultos e mandoulle ó Demetrio atar ó compañeiro." (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.