Persoa natural ou habitante de Portugal.
Etimoloxía
Procede da voz do latín tardío portucalensis, -e, derivado de portu Cales, que era a denominación vulgar de Cales Portus.
Exemplos *
"¿Pero ti vas ir ao baile? ¡E bailarás co portugués! (Castelao: Os vellos non deben de namorarse)
"A concesión do Nobel a un portugués faría mudar os hábitos do público, que comezaría a demandar as obras daquel escritor case descoñecido ó que lle deran o premio dos premios." (Xavier Queipo: Papaventos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.