posar

Permanecer durante certo tempo nunha postura determinada para ser representado nunha fotografía, pintura ou escultura

Etimoloxía

Palabra que é un préstamo do francés poser de significado semellante.

Exemplos *

“Simona cansou axiña de posar e acercouse a min, contemplou o debuxo pobre e o meu semblante consternado e bicoume na boca.” (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda, 1992)

“A muller mirou fugazmente a fotografía na que posaba xunto ao irmán e a nai, buscando as palabras axeitadas.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.