postal

Cartolina de forma rectangular que se envía por correo, e que nunha das súas caras leva unha fotografía ou debuxo, e na outra, espazo para pór os datos como o nome ou o enderezo, selos e o texto.

Etimoloxía

A frase 'tarxeta postal' acabouse acurtando na fala en 'postal' e esta chéganos do francés postal 'relativo a correos' que é un derivado de poste 'servizo de correos'.

Exemplos *

"O mesmo día que debía ingresar na prisión provincial recibiu unha postal datada dúas semanas antes en Praga." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

"Pero cando volvía ata me esquecía mercar un selo de correos para mandar unha postal dicindo estou ben." (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.