póster

Folla de maior tamaño ca un folio, utilizada como elemento decorativo, que reproduce a fotografía dun personaxe famoso, unha paisaxe, unha obra de arte etc.

Etimoloxía

Préstamo que procede do termo inglés poster, ‘cartel para colocar en lugares públicos’

Exemplos *

“Bromea mentres lle tiran unha fotografía ó lado dun enorme póster dun dos modelos masculinos imaxe da súa última colección (...)” (Natalia Sequeiro: Tempos Novos, 19-05-2002)

“(...) un rapaz declarou ser fan de Susana Seivane, da que incluso tiña un póster na súa casa (...)” (Moncho Iglesias Míguez: Tempos Novos, 09-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.