Función que desempleña unha persoa para gañar a vida.
Etimoloxía
Vén do latín positus, -us 'posición, sitio', derivado do verbo ponere 'colocar, poñer'.
Exemplos *
"A discriminación da muller á hora de acceder a un posto de traballo segue a existir, segundo destacaron as responsables da organización do II Encontro Sindical da Muller …" (O Correo Galego 23-02-1996)
"E cando hai unha muller que ten unha pequena parcela de poder permanentemente ten que estar demostrando que ten capacidade para ese posto." (Ana Romaní e Begoña Caamaño: Tempos Novos 03-1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.