postremeiro, -a

Último

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “postremo” que chega desde o latín postremus, -a, -um ‘último’ ou ‘final’.

Exemplos *

“Os veráns dos anos postremeiros da nenez foron máis veráns que os das outras vidas. Os vosos non? Naquela vida os veráns eran completos.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“De Tarrío a Rial de Lagoa a pista parcelaria beirea "o canal" do regadío, unha obra faraónica do postremeiro franquismo que nunca chegou a inaugurarse e que pretendía regar coa auga do Ulla estas terras de secura só na imaxinación de quen a ideou na metrópole.” (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.