potaxe

Comida feita a base de legumes e verduras que pode levar tamén carne cortada en cachos pequenos

Etimoloxía

Vocábulo que nos chega desde o francés potage ‘cocido’.

Exemplos *

“Con todo, a miúdo recuperaba a complicidade fraterna acollido ás frecuentes treguas que estabelecían as potaxes e guisos nunca escasos.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Xantamos unha potaxe de fabas ou lentellas que non adoita levar tallada, non sendo algún gurgullo que ven con elas e un anaco de pan, e a cea vén sendo parecida.” (Marilar Aleixandre: Airada de palabras, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.