poula

Terreo que se deixa sen cultivar para que descanse durante certo tempo / Terreo sen cultivar poboado por maleza, arbustos e pequenas árbores

Etimoloxía

Palabra que bebe da latina pabulum que significaba ‘pasto’, normalmente as terras que se deixaban descansar dun cultivo acababan botando herba.

Exemplos *

“A poesía. Con discreción e humildade, a ela adiquei parte dos meus máis íntimos desvelos nos últimos tempos. Sementei as leiras que tiña á poula. Ben sei que todos levamos unha besta dentro, uns máis cós outros.” (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro, 1998)

“Na entrada da aira onde están aqueles cacipos vellos, no tempo das noces abanábase e o que se apañaba repartíase entre os veciños que tiñan parte na aira, despois atravésase o souto, e máis adiante vén o Pumariño, había labradío, agora está todo a poula.” (Emilio Araúxo: Tempos serodios, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.