Hospedaxe de características modestas onde habitualmente se aloxa xente que vai de paso.
Etimoloxía
Termo derivado do verbo pousar que se orixina no latín tardío pausare 'cesar' ou 'parar'.
Exemplos *
"Mañá irei buscarvos á vosa pousada para que defendades coa punta da espada as necidades que proferides coa punta da vosa lingua." (Miguel-Anxo Murado: A gran noite de Fiz)
"Nalgunhas pousadas alugaban unha cama compartida." (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.