pouso

Depósito que queda no fondo dos recipientes que conteñen certos líquidos, como viño, café etc.

Etimoloxía

É un derivado de pousar, evolución do latín pausare ‘parar’.

Exemplos *

“O vello garda civil arrebatoume o vaso das mans e derramou no medio da rúa o viño que quedaba, e despois de comprobar que non había pouso no fondo do vidro, volveuno encher.” (Aníbal C. Malvar: Un home que xaceu aquí)

“Logo, miraba con ollos húmidos o pouso do viño ribeiro, como quen mira un dramático bordado.” (Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.