poxigo

Parte superior da porta, naquelas que teñen dúas follas.

Etimoloxía

Chegou desde o latín posticum, -i (formado sobre post 'despois' ou 'detrás'), que denominaba a porta traseira ou unha porta pequena aberta noutra máis grande.

Exemplos *

"Unha vaca botaba a cabeza, remoendo, polo poxigo da porta da corte." (Xosé Fernández Ferreiro: A saga dun afiador)

"… perseguírono deica a casa e deixáronlle as espadelas espetadas no poxigo da porta." (Anxo Angueira: Terra de Iria)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.