poza

Pequeno depósito de auga que se forma nas fochas do terreo cando chove.

Etimoloxía

Formouse sobre pozo, do latín puteus, -i que, entre outros significados, tiña tamén o de 'burato'.

Exemplos *

"Pola xanela entra o son da auga a se pousar aburrida nunha poza." (Antón Dobao: Incertos)

"… viña camiñando […] con coidado de non pisar algunha poza ou lama, tendo así un aire de danzarina algo grosa e torpe." (Suso de Toro: Calzados Lola)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.