pozanca

Poza pequena

Etimoloxía

Termo derivado que se forma sobre “poza” e esta remite ao latín puteus que significaba ‘burato’.

Exemplos *

“Atoparon unha fonte cunha pozanca e coas patas agrandárona e agrandárona ata facer unha pequena lagoa, que hoxe chamamos charca do Alligal, en Codesido ( Vilalba ).” (Xoán Ramiro Cuba Rodríguez e Xosé Miranda Ruíz: Diccionario de seres míticos galegos, 1999)

“Despois colleu cara a Bárbaras por empedradas rúas, por encoiñadas rúas con pozancas que reflectían xa, entre agrisalladas nubes, unha breve camiñata.” (Antón Castro: Vida e morte das baleas, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.