pozo

Escavación fonda e estreita que se fai no chan para atopar auga e que serve tamén de depósito para ela

Etimoloxía

Palabra que procede da latina puteus de significado semellante.

Exemplos *

“Escribiu un extenso tratado sobre a materia e levantou un mapa de fontes e pozos cunha catalogación das augas medicinais, así como das ruíns e mortíferas. Un día desapareceu da parroquia e, ao cabo do tempo, o xuíz deuno oficialmente por morto.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)

“Mandou patrullas a preguntar polos camiños, por saber cara a onde levaban os raptores a raíña, e ao pouco soubo que marchaban rumbo ao sur, para se refuxiar no castelo de Ourém, dixera unha mociña que lles dera auga do seu pozo moi cedo, cando ía tornar o rego para a leira do seu pai.” (Manuel Portas: Lourenço, xogar, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.