pracer

Sensación que unha cousa agradable ou que gusta moito produce no espírito ou nos sentidos

Etimoloxía

Voz que procede da latina placēre ‘dar pracer a’.

Exemplos *

“Grazas, señora, por me devolver o mar. A vós débovos recuperar o pracer polo azul, pola beleza dos solpores e polo rumor devalante das onde ao morreren nas areas de Ítaca.”(Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)

“—E sería ben que o meu señor me presentase esta visita cuxa soa chegada tanto pracer lle proporciona e cuxo aprecio gustaría compartir.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.