praguicida

Substancia que se utiliza para combater unha praga

Etimoloxía

Termo formado sobre “praga” que procede do latín plaga ‘golpe’ e o sufixo “-icida”.

Exemplos *

“É un praguicida amplamente utilizado en cultivos agrícolas, en silos de almacenamento de cereais, en xardinería e en animais domésticos.” (Ana Caride: Antioxidantes naturais. Aspectos saudables, toxicolóxicos e aplicacións industriais, 2010)

“Os intereses económicos ó redor da maquinaria agrícola, dos fertilizantes e dos praguicidas (inadecuados, antiecolóxicos e caros) potencian tarefas agrarias moi agresivas.” (Pepe Lópeza: Galicia Internacional, 3-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.