praliné

Crema de chocolate con améndoas ou abelás

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do equivalente francés praliné que resulta da adaptación do nome do cociñeiro que inventou o doce.

Exemplos *

“Unha música que emerxe da nada e que vai crecendo, aumentando, elevándose ó cadrado ó cabo pola aparición das trompetas. Chega o tachán. O tachán. « ¡ Bombóns e caramelos, teño pralinés ! », só faltaba iso.” (Xabier López López: Biff, bang, pow. Novela case negra, 1997)

“Chámanlles lóstregos os pitisús recheos de chocolate ou crema pasteleira. Os París-Brest incorporan á masa améndoas fileteadas e, despois de pasar polo forno, énchense con crema enriquecida con praliné.” (Teresa Moure: Herba moura, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.