prato

Recipiente polo xeral redondo e pouco profundo onde se serve a comida na mesa a cada comensal.

Etimoloxía

Chega do adxectivo do latín vulgar *plattus 'plano' e este desde o grego platús 'amplo ou 'extenso'.

Exemplos *

"A auga de fregar os pratos cobre a louza amoreada na cociña." (Laura Caveiro: As naos afondando)

"Xogaba coas amigas unha partida semanal á brisca, a partir das tres da tarde, mentres o seu marido fregaba os pratos e arranxaba a casa" (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.